A Xunta destaca o acordo co concello e Zona Franca para desbloquear a urbanización da ETEA en Vigo

A Administración autonómica remitirá nos vindeiros días o proxecto de urbanización á Zona Franca, que se comprometeu a enviar o borrador do convenio para abordar o mesmo

Vigo, 18 de xullo de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou hoxe o acordo acadado co Concello de Vigo e Zona Franca para desbloquear a urbanización da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), trala reunión mantida hoxe na sede de Zona Franca. Ao encontro, ademais de M. Allegue, asistiron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Director territorial da Consellería, José Manuel González.

A conselleira valorou positivamente o encontro, que se desenvolveu nun clima de cordialidade. Sinalou que nos vindeiros días a Xunta trasladará á Zona Franca o proxecto de urbanización que ten aprobado para este ámbito, onde se sitúan os viarios e a praza de Armas, a fin de que Zona Franca estude a situación do aparcamento neste espazo.

Pola súa banda, Zona Franca comprometeuse a remitir o borrador de convenio. Unha vez analizado polos técnicos as tres partes implicadas volverán a reunirse, para seguir avanzando no desbloqueo de urbanización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2024