Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación de actividades culturais no marco do Outono Lírico 2024

O director xeral de Cultura participa na presentación do catálogo que contará, como mostra principal, coa ópera ‘Madama Butterfly’ composta por Giacomo Puccini 

Vigo, 18 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da programación incluída no Festival Outono Lírico 2024, unha iniciativa impulsada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo co apoio da Xunta que permitirá a difusión a todos os públicos do xénero lírico.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou o compromiso do Goberno galego co impulso a diferentes tipos de iniciativas por todo o territorio. “Así se demostra coa campaña CulturON que enche os meses de verán con preto de trinta tipoloxías diferentes”.

Así, lembrou que a colaboración con iniciativas como a impusada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo permite poñer en valor o xénero operístico, ao tempo que se promove unha oferta variada e de calidade.

O catálogo de actividades que se propón para os meses de setembro e outubro compendia 11 eventos que conforman as distintas actividades, ciclos e conferencias. O calendario contará coas representacións das obras Viva Verdi, Terra e Mare e Madama Butterfly, enmarcadas no programa Ópera en el cine estarán: Ariadne auf naxos, Werther, Der Zwerg e Memorias dunha Geisha, en canto ás conferencias terán lugar Terra e Mar. As cancións de Puccini, Madama Butterfly. Pasaporte ao soño americano? e Alfredo Kraus. O arte do canto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2024