Medio rural entrega a licenza de uso de artesanía alimentaria e a carta de artesán á queixería O Rexo de Allariz

Allariz (Ourense), 18 de xullo de 2024 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo hoxe entrega da licenza de uso da marca de Artesanía Alimentaria a Granxa Educativa Agrogandeira S.L. (queixería O Rexo), situada no concello ourensán de Allariz, así como da carta de artesán ao responsable da elaboración destes queixos, Héctor Vaquerizo.

Esta empresa elabora de xeito artesanal e comercializa diferentes produtos lácteos, tales como o propio queixo O Rexo (curado elaborado con leite cru de ovella en pastoreo), o queixo Corga, o iogur Torneiros ou a sobremesa Corga. Con esta nova incorporación xa son 126 os operadores inscritos en Artesanía Alimentaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2024