A Xunta reafirma o seu compromiso coas cámaras de comercio como entidades clave para a dinamización económica e o impulso do emprendemento

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á presentación da memoria de actividades da Cámara de Comercio de Santiago, na que se puxeron en valor as recentes accións desenvolvidas pola entidade, que representa os intereses de máis de 30.000 empresas e autónomos dados de alta nos 32 municipios da provincia da Coruña que conforman a súa demarcación territorial. 

O Goberno galego destaca o importante labor da entidade como un axente clave do ecosistema económico para seguir impulsando o emprendemento, a formación, a innovación ou a dixitalización do tecido empresarial e emprendendor.  

Neste contexto, a Xunta está a realizar unha firme aposta polo emprendemento, a diversificación das actividades económicas en todo o territorio galego – contribuíndo así tamén a fixar poboación no rural- e o fortalecemento da colaboración cos axentes públicos e privados, que se viu recoñecida recentemente co Premio Rexión Emprendedora Europea 2025. Entre elas destaca a Rede de Polos de Emprendemento, que conta xa con 14 centros activos e que atendeu máis de 2.100 proxectos en apenas dous anos. Tamén destaca a aposta polo reforzo do tecido comercial e artesán, co obxectivo de garantir o futuro e a necesaria remuda xeracional dos negocios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2024