A Xunta inviste preto de 50.000 euros na construcción dunha senda peonil na avenida da Ponte de Catoira

O novo itinerario conta con 120 metros de largo e un ancho de 2,8 metros nas zonas máis amplas e 2 metros nas máis estreitas

 O delegado territorial destacou a importancia de seguir apostando por actuacións que fomenten a mobilidade sustentable e a seguridade viaria

Catoira, 17 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a senda peonil construída na estrada da PO-548, á altura da avenida da Ponte, en Catoira. 

Trátase dunha actuación da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que ten como obxectivo fomentar unha mobilidade sostible, saudable e segura da a veciñanza. 

A obra, que contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, consiste nunha senda peonil de formigón de preto de 120 metros de largo e que conta cun ancho de 2,8 metros nas zonas máis amplas e de 2 metros nas máis estreitas. 

A actuación contemplou ademais a instalación dunha tubería de drenaxe de augas pluviais. 

O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor “este tipo de iniciativas que afectan directamente ao día a día dos galegos e galegas”. Neste sentido, Reguera lembrou que “a Xunta seguirá levando a cabo actuacións que fomenten a mobilidade sustentable, o deporte ao aire libre e, por suposto, a seguridade viaria”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2024