Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva

Confírmase de novo un máximo histórico de peticións que avala o interese destas ensinanzas en Galicia

O 56% dos 821 ciclos ofertados xa están completos na primeira adxudicación de prazas que se vén de resolver

As persoas adxudicatarias teñen de prazo ata o día 22 para confirmar a matrícula

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

Un total de 54.151 persoas veñen de presentar solicitude  para cursar algunha modalidade de Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso, o que representa un incremento do 5,24% (2.697 solicitudes máis) con respecto ao curso 2023-24. Estas cifras supoñen acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia , con 2.697 solicitudes máis.

Os datos recabados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, logo da primeira adxudicación de prazas que dá dereito a matrícula, constatan unha suba xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual Intensiva, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións. Os incrementos máis acusados concéntranse nos másteres de FP, que medran preto dun 60% (1.050 solicitudes recibidas) e nos ciclos de FP Dual Intensiva (a nova denominación da antiga FP Dual), cun crecemento do 20,49% de solicitudes ata acadar as 3.376. Destaca tamén o crecemento de peticións na modalidade semipresencial e a distancia, cun 13,43% máis (14.486 en total recibidas).

Dos 821 ciclos totais ofertados en réxime ordinario xa están completos 457 (o 55,66%), mentres que en outros 364 quedan prazas vacantes. No caso dos ciclos de grao medio esgotaron prazas un total de 208 ciclos (51,49%) mentres que outros 196 aínda dispoñen de prazas. En grao superior, 249 (55,66%) cubriron prazas mentres que outros 364 aínda dispoñen de vacantes para as sucesivas adxudicacións.

Réxime ordinario

Grao Medio

Grao Superior

TOTAL

Ciclos completos

208 (51,49%)

249 (59,71%)

457 (55,66%)

Ciclos con vacantes

196 (48,51%)

168 (40,29%)

364 (44,34%)

TOTAL

404

417

821

 

Reparto por provincias

 

Grao Medio

Grao Superior

Total

PROVINCIA

Ciclos completos

Ciclos con vacantes

Ciclos

completos

Ciclos con vacantes

 

A Coruña

89

68

120

55

332

Lugo

14

43

17

36

110

Ourense

18

26

18

20

82

Pontevedra

87

59

94

57

297

TOTAL

208 (51,49%)

196 (48,51%)

249 (59,71%)

168 (40,29%)

821

Cómpre ter en conta que cada persoa pode presentar solicitude ata en catro prazas en ciclos ordinarios, FP Básica e másteres. No réxime de persoas adultas, tanto presencial como a distancia, pode haber ata catro peticións por centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha.

Familias máis demandadas

Entre os ciclos máis demandados atópanse os das familias Sanidade, onde o cen por cen das prazas xa foron cubertas nesta primeira adxudicación, de Actividades físicas e deportivas,  Imaxe e son e Téxtil, confección e pel.

Matrícula

Desde hoxe ata ao 22 xullo ás 13,00 horas o alumnado deberá confirmar ou renunciar a praza adxudicada, xa que de non facelo quedará excluído do procedemento. Froito desta posibles renuncias, é posible que ciclos que neste momento figuran como completos, a partir do día 22 pasen a dispoñer de prazas dispoñibles, aínda que a maioría dispoñe de persoas en listaxe de agarda.

Do 27 ao 31 de xullo terá lugar a segunda fase de adxudicación e matriculación, que seguirá un proceso similar. Unha vez concluída a terceira fase xa en setembro, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2024