O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto coa directora xeral de recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Vedra, Carlos Martínez

A Xunta e o Concello de Vedra colaborarán na reforma interior e na renovación das envolventes do centro de saúde da localidade

O Executivo galego achegará o 80% dos arredor de 600.000 euros que se estiman necesarios para a reforma integral do interior do edificio e para mellorar enerxeticamente a infraestrutura, actuando nas fachadas e na cuberta

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo na que acordaron colaborar para acometer a reforma integral e a renovación das envolventes do centro de saúde do municipio coruñés.

Tal e como abordaron durante a reunión, na que tamén estivo presente a directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada, procederase á sinatura dun convenio de colaboración polo cal a Xunta e o Concello realizarán un investimento estimado de 600.000 euros para acometer a reforma integral do interior da infraestrutura sanitaria, así como para mellorar a eficiencia enerxética do edificio, actuando nas fachadas e na cuberta.

Segundo o acordado na reunión desta mañá, a Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, achegará o 80% do orzamento necesario e o Concello o 20% restante.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2024