Diego Calvo asiste en Riazor ao partido clasificatorio para a Eurocopa 2025 entre as seleccións absolutas femininas de España e Bélxica

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no estadio de Riazor ao partido entre as seleccións absolutas femininas de España e Bélxica. O equipo español pechou a súa participación na fase de grupos de cara á Eurocopa 2025 con vitoria grazas aos goles de Aitana Bonmatí e da galega Teresa Abelleira, o que supuxo ademais o último ensaio antes da participación nos Xogos Olímpicos de París. Antes do encontro no estadio coruñés, Alexia Putellas, Jenni Hermoso e Irene Paredes recibiron unha camiseta conmemorativa polos seus 100 partidos coa selección, e rendeuse homenaxe ao Karbo F.C., equipo coruñés pioneiro na década dos 80 no fútbol feminino español.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2024