López Campos acompaña á embaixadora de Alemaña en España nunha visita á Cidade da Cultura

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu esta mañá á embaixadora da República Federal de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, e á xefa de Asuntos Culturais da Embaixada Alemá en España, Isabella Neisinger-Langner, durante unha visita á Cidade da Cultura de Galicia na que tamén os acompañou a directora xerente do complexo, Ana isabel Vázquez.

Durante o percorrido, puideron coñecer a exposición Tesouros reais, que ata o 4 de agosto amosa no Museo Centro Gaiás o tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, así como a recentemente inaugurada Unha vida viquinga. Tamén realizaron unha visita guiada ao complexo arquitectónico da Cidade da Cultura deseñado por Peter Eisenman, arquitecto que asinou tamén o Monumento do Holocausto, situado en Berlín. A embaixadora remataba hoxe en Compostela unha axenda institucional que incluíu a súa asistencia ao VI Congreso Internacional da SEKLE, Sociedade de Estudos Kantianos en Lingua Española.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2024