Valentín García destaca o “interese internacional que esperta a figura de Rosalía de Castro”

O secretario xeral da Lingua participa en Padrón no acto institucional organizado polo 139 aniversario do falecemento da autora e que homenaxeou á británica Catherine Davis, grande estudosa da súa obra

Padrón (A Coruña), 15 de xullo de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou “o grande interese que esperta a obra a figura de Rosalía de Castro a nivel internacional, sendo estudada máis alá das nosas fronteiras”, en referencia á entrega da Rosa de Galicia á investigadora británica Catherine Davies.

A Fundación Rosalía de Castro distinguiu con esta insignia de ouro á profesora emérita da Universidade de Londres e grande defensora do legado rosaliano durante un acto organizado na Casa Museo de Padrón, coincidindo co 139 aniversario do falecemento da autora de Cantares Gallegos. Un recoñecemento que loubou Valentín García polo seu gran traballo, dixo, “na análise de aspectos pouco tratados na obra de Rosalía” e como artífice, engadiu, “dunha das investigacións máis importantes para o coñecemento da escritora nos nosos días”, en alusión á publicación Rosalía de Castro e o seu tempo.

A velada contou cun concerto-conferencia de Abraham Cupeiro, unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Ferro) e, ademais, impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega, a corna.

Data de actualización: 15/07/2024