Unha quincena de mozos e mozas partirán o 1 de setembro a Xapón co programa ‘A Xuventude no mundo’

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

A directora xeral de Cultura, Lara Meneses, recibiu hoxe aos quince mozos e mozas que partirán a Xapón o 1 de setembro a través de A Xuventude no mundo, o programa de intercambio creado pola Xunta. Os participantes viaxarán á Prefectura de Wakayama, lugar conectado con Galicia a través da irmandade entre o camiño Kumano Kodo e o Camiño de Santiago.

Con esta iniciativa, o goberno galego aposta por unha experiencia educativa que potencia as habilidades e competencias non formais da mocidade, ofrecendo un aprendizaxe que aporta valor tanto na vida persoal como na súa traxectoria futura no mundo laboral. Así, os participantes realizarán actividades orientadas á mellora das súas competencias lingüísticas e á convivencia con outras culturas internacionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/07/2024