Martina Aneiros destaca a importancia de citas gastronómicas como a Festa do polbo de Mugardos á hora de promocionar os produtos do mar

Mugardos (A Coruña), 13 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe á XXXII Festa do Polbo de Mugardos, unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia e onde a localidade rende tributo ao seu produto gastronómico local máis popular, o polbo, cociñado ao estilo mugardés. Aneiros destacou a traxectoria deste evento e resaltou o importante papel que xogan citas gastronómicas coma esta na promoción dos produtos do mar, fomentando o seu consumo e divulgando as súas propiedades.

A carpa instalada no Parque da Constitución será o epicentro da XXXII Festa do Polbo de Mugardos na que está previsto servirse 3.440 racións de polbo á mugardesa para as que se empregarán 1.500 quilos de molusco. Ademais da degustación, tamén están programadas actividades infantís no cantón de Cora, a actuación da charanga Kilomberos e unha verbena. 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 13/07/2024