Javier Arias e a alcaldesa de Burela analizan proxectos de interese para o concello

Lugo, 12 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe na Delegación Territorial coa alcaldesa de Burela, Carmela López, para analizar distintos temas de interese para o concello nos ámbitos educativo, cultural e social.

Arias repasou a marcha de proxectos que impulsa o Goberno galego neste municipio, como a mellora do saneamento, que mobilizará 13 M€ entre as obras do colector xeral e da estación de bombeo – xa adxudicadas – e a proposta do convenio coa entidade local para executar a nova depuradora.

Destacou ademais a cooperación co Concello para mellorar infraestruturas municipais e referiuse a algunhas das colaboracións máis recentes, como a concesión de 51.000 euros a través do programa de axudas para embelecemento do litoral co fin de incrementar a accesibilidade na praia do Portelo e reforzar a presenza de Burela na web.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/07/2024