Belén do Campo pon en valor a función dos equipos directivos para garantir a boa marcha do sistema

A delegada da Xunta mantivo un encontro con representantes da Asociación de Centros Públicos da Coruña

A Coruña, 9 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, cos representantes da Asociación de Centros Públicos da Coruña.  No encontro destacou o papel “esencial” que exercen os equipos directivos dos centros escolares na boa marcha do sistema, unha función que a Xunta de Galicia vén de reforzar no vixente Acordo para a Mellora do Sistema Educativo de Galicia. No encontro, cordial e constructivo, abordáronse varios temas como o mantemento dos centros,  o funcionamento dos comedores escolares ou os procesos de escolarización, de cara ao inicio do curso académico 25/26.

Belén do Campo puxo en valor a función directiva como unha das claves para “acadar un modelo educativo onde prime a igualdade de oportunidades e a calidade”, e aludiu tamén á “responsabilidade” da Administración para poñer á disposición dos directores todas as ferramentas neste eido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2024