A Xunta anima aos usuarios a que descarguen o Bono Turístico, do que quedan dispoñibles menos de 1.000

Poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal

Os bonos poderán desfrutarse en estadías en Galicia que se realicen desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro, ambos incluídos

Este ano, como novidade, cada usuario poderá descargar ata dous bonos cun valor total de 300€ e estarán cofinanciados entre o Goberno autonómico e os usuarios

O Pino (A Coruña), 9 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo,  o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, visitaron o aloxamento Vila sen Vento ubicado no Concello do Pino, un dos establecementos incluídos dentro da oferta do Bono Turístico. Na visita a delegada lembrou que quedan xa poucos bonos dispoñibles tras o éxito da descarga dos primeiros días. Os usuarios que desexen descargar o bono turístico da Xunta este 2024 poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal.

Con esta iniciativa o Goberno autonómico busca promover as viaxes en Galicia durante este outono e apoiar o sector fóra de temporada alta. A representante do Goberno autonómico destacou “o éxito da campaña xa que dos 16.000 bonos iniciais quedan, a día de hoxe, menos de 1.000 bonos dispoñibles polo que todo aquel que desexe beneficiarse dos mesmos agotaranse en poucos días”.

Xosé Merelles salientou, pola súa banda, tamén a consolidación da iniciativa, “que nos últimos anos nos está a axudar a un doble obxectivo: dar continuidade ao noso modelo de desestacionalización turística onde estamos acadando importantes incrementos de viaxeiros fóra de temporada alta, e tamén nos axuda a traballar no mercado interno, é dicir, o dos propios galegos, para que coñezamos o que aínda non coñecemos de Galicia e contribuamos tamén ao impulso económico do sector turístico”, expresou.

Tamén sinalaron que as empresas poden seguir adheríndose á iniciativa. Polo de agora hai máis de 300 establecementos de aloxamento e axencias nos que poder desfrutar do bono dos que máis de 130 están na provincia de A Coruña. Os aloxamentos áinda teñen de prazo para sumarse ata o 2 de decembro.

Pola súa banda, os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos. Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran.

O Goberno autonómico inviste este ano 1M€ coa previsión de mobilizar no sector 2,5M€ durante o outono. Poranse en circulación máis de 16.000 bonos en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o soliciten (os particulares abonarán, polo tanto, 90€ para contar cun bono por valor de 150€), o que supón preto do 47%.

A iniciativa -que naceu no contexto da pandemia para dinamizar o consumo turístico e inxectar liquidez ás empresas do tecido turístico galego- está consolidándose como una proposta que impulsa a actividade fóra de temporada alta e contribúe a apoiar o sector.

Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14M€: deles, durante a pandemia foron máis de 10M€ (5M€ co bono turístico sociosanitario e 5,8M€ no ano 2021), aos que se suman os 3M€ nos últimos dous anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2024