Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira
O lume iniciouse ás 20,38 horas de hoxe e afectou unha superficie de 0,25 hectáreas de monte arborado dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na parroquia de A Pereira, no concello ourensán de Entrimo, quedou extinguido ás 22,45 horas.
O lume iniciouse ás 20,38 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 0,25 hectáreas de monte arborado. Nos labores de extinción deste incendio mobilizáronse, en conxunto, 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.