A Xunta e a Fundación Degén afianzan as súas liñas de colaboración e valoran reforzalas

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, reuniuse co novo presidente da Fundación Degén, Diego Santos, e con Francisco Doblas, director xeral da entidade.

Durante o encontro, afianzaron as liñas de colaboración que mantén a consellería coa fundación, ademais de explorar a posibilidade de amplialas, co obxectivo de afondar na coordinación e na colaboración no ámbito sociosanitario. A conselleira aproveitou para agradecer e destacar o labor de Degén na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidades neurodexenerativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2024