A Xunta entrega equipamento de emerxencias a 28 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

Trátase de 2 remolques e 11 tendas de campaña para a atención ás emerxencias, así como 8 kits de ferramentas eléctricas, e outros 7 de material loxístico para a seguridade viaria 

As agrupacións de Voluntarios da provincia de Ourense beneficiarias son as Allariz, Barbadás, Boborás, Cortegada/Padrenda, Maceda, A Pobra de Trives. Avión, O Bolo, Manzaneda, Petín, Verín, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Maside, Sandiás, Amoeiro, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras, Beariz, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Rúa, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, e as mancomunidades do Ribeiro e Terra de Celanova

Ourense, 06 de xullo de 2024

A Xunta entrega equipamento de emerxencias a 28 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de 26 concellos e 2 Mancomunidades de Concellos da provincia de Ourense que suman un investimento de máis de 115.000 euros. Trátase de 2 remolques, 11 tendas de campaña para a atención ás emerxencias e 8 ferramentas eléctricas, así como 7 kits de material loxístico para a seguridade viaria.

As agrupacións de Voluntarios da provincia de Ourense beneficiarias son as Allariz, Barbadás, Boborás, Cortegada/Padrenda, Maceda, A Pobra de Trives. Avión, O Bolo, Manzaneda, Petín, Verín, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Maside, Sandiás, Amoeiro, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras, Beariz, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Rúa, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, e as mancomunidades do Ribeiro e Terra de Celanova.

Os remolques entregados contan con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, as tendas de campaña teñen teitos de 4x4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.

O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas.

O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria,  28 son  de Ourense. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.

A Xunta reafirma o compromiso cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación-. Nesta liña, a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. De feito, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2024