O campus de baloncesto Álex Llorca inicia a súa novena edición en Lugo co apoio da Xunta

Lugo, 8 de xullo de 2024

A novena edición do campus de baloncesto Álex Llorca comeza hoxe en Lugo coa participación de 150 rapaces e rapazas procedentes de moitos lugares de Galicia e doutros puntos de España como Madrid e Barcelona. 

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acudiu ao acto de benvida que se celebrou no Pazo dos Deportes coa presenza do propio xogador Álex Llorca e de Rubén Engroba, en representación da organización – entre outras persoas -. Arias explicou que a Administración autonómica colabora facilitando aloxamento e transporte aos nenos e nenas de 8 a 16 anos (nacidos entre 2007 e 2015) que participan no campus.

Ata o vindeiro domingo, 14 de xullo, os inscritos desfrutarán dos adestramentos de baloncesto e doutras actividades deportivas e de ocio xunto cos seus compañeiros e preparadores. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2024