A Xunta reforza a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade da acuicultura galega con máis de 800.000 euros

Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas que están dirixidas a financiar proxectos de I+D+i que implican a introdución de tecnoloxías que permitan incrementar a produción atendendo a criterios de sustentabilidade da actividade

Nesta convocatoria duplicase o importe destas achegas autonómicas respecto ao 2023 e que están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa)

Santiago de Compostela, 8 de xullo do 2024

Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas para fomentar a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade do sector acuícola por importe de 828.571 euros e que están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). Deste xeito duplícase os recursos mobilizados no ano 2023 co obxectivo de reforzar a financiación de proxectos que permitan desenvolver coñecementos científicos, técnicos ou organizativos nas explotacións acuícolas que reduzan o impacto no medio ambiente, avalíen os efectos e a adaptación ao cambio climático e melloren o aproveitamento do espazo.

Tamén búscase facilitar o desenrolo de novos métodos de produción sustentable e a incorporación de melloras nas especies (xenéticas o fisiolóxicas) así como avances na área da rastrexabilidade. O estudo da viabilidade técnica e económica de produtos procesos e servizos innovadores ou a introdución de novas especies no mercado son outros dos campos que son obxecto destas subvencións.

Serán beneficiarias destas achegas empresas e entidades asociativas dedicadas á realización de calquera das fases de explotación de cría, cultivo ou reprodución e  que leven a cabo iniciativas no ámbito da innovación en colaboración con organismos científicos ou técnicos. Así se promove unha maior grao de integración entre o sector produtivo e os centros de coñecemento ampliando as posibilidades para incorporación de novos investigadores no ámbito das ciencias mariñas no que Galicia é referente.

A orde ten carácter plurianual polas características de algúns dos proxectos que son subvencionables e que precisan máis dun ano para a súa completa execución. Este ano se mobilizarán 428.571 euros, e os restantes 400.000 euros no 2025.  As contías das axudas poden alcanzar o 100% da financiación cando se trate de iniciativas que sexan de interese e presenten un beneficiario colectivo á vez que teñan características innovadoras ou que garantan o acceso público aos seus resultados.

Data de actualización: 08/07/2024