O VIII Premio Fegatea á Animación Teatral recoñece o traballo do Centro Dramático Galego

A unidade teatral da Xunta foi galardoada durante a celebración do 24 aniversario da Federación, á que asiste o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo

Mondariz (Pontevedra), 7 de xullo de 2024

O Centro Dramático Galego recibiu hoxe o VII Premio Fegatea á Animación Teatral, un galardón entregado durante a celebración do 24 aniversario da Federación Galega de Teatro Afeccionado que se celebrou en Mondariz coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. 

Na cita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrou o recoñecemento á unidade teatral da Xunta ao tempo que puxo en valor a importancia do teatro amador e o compromiso do Goberno galego con este “eido fundamental da cultura galega”. 

 

Por outra banda, durante o acto, que contou con 16 pezas de microteatro representadas por profesionais de toda Galicia, o director xeral de Cultura lembrou o impulso feito polo Goberno galego á programación cultural coa posta en marcha da campaña CulturON, que este verán ofrece unha trintena de actividades diarias en toda Galicia, cun especial protagonismo das artes escénicas. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/07/2024