A Xunta participa no encontro de familias de persoas con discapacidade organizado por Special Olympics no Carballiño

O Carballiño (Ourense), 7 de xullo de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou esta maña na 26 edición do encontro de familias de persoas con discapacidade organizado por Special Olympics no Carballiño. Durante o evento, destacou a importancia destas actividades para fomentar que as familias compartan experiencias e creen comunidade para atender aos seus familiares con discapacidade.

 

O Goberno galego colabora co tecido asociativo para garantir que as persoas con discapacidade conten con facilidades para realizar un proxecto de vida en inclusión. Neste sentido, o orzamento da Xunta para este ano ascendeu a máis de 172 millóns de euros, un investimento récord nesta materia que permitiu, entre outras cousas, impulsar o concerto social para blindar a atención social en prazas de atención diúrna e residencial.

Data de actualización: 07/07/2024