A Xunta reúne aos órganos asesores dos centros museísticos galegos e do sistema de arquivos

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, vén de presidir sendos consellos relacionados coa súa área nos que se puxeron en común varios asuntos no eido dos centros museísticos e no da avaliación documental. Con respecto a este último ámbito, trátase do órgano consultivo de asesoramento do Sistema de Arquivos de Galicia en materia de análise e selección de documentos públicos, no que se deu conta de diferentes expedientes.

Cos representantes do Consello de Centros Museísticos, que tamén ten funcións en materia de asesoramento, analizouse a situación actual das entidades integradas neste momento no Sistema Galego, avanzouse nos seus retos de futuro e en concretar un rexistro amplo e actualizado de todos os centros que prestan este servizo. Entre as cuestións abordadas nas xuntanzas, tamén se tratou cos asistentes as propostas sobre as que xirará o traballo do Goberno galego para poñer en valor estas institucións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/07/2024