A Xunta e a Federación Autismo Galicia consolidan as súas liñas de colaboración

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada pola secretaria xeral Técnica, María Francisca Gómez Santos, mantivo un encontro coa presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, e a directora da entidade, Patricia Blanco Riveiro.

Durante a reunión, exploraron novas liñas de colaboración e consolidaron as que xa manteñen nestes momentos o Goberno galego e a Federación Autismo Galicia. A conselleira agradeceu o traballo desta entidade e lembrou que este ano a Xunta de Galicia chegou a un acordo histórico co sector para poñer en marcha o concerto social, con 100 millóns de euros de investimento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/07/2024