A Xunta apoia o sector estratéxico da automoción para reforzar a súa competitividade e internacionalización

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, asistiu hoxe á inauguración do novo concesionario do grupo Nissan no Milladoiro

Fai referencia á nova liña de axudas para as empresas provedoras convocada esta mesma semana e ao Plan director da automoción, cuxo borrador se presentará proximamente

Ames (A Coruña), 4 de xullo de 2024

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, asistiu hoxe á inauguración do novo concesionario do grupo Nissan no Milladoiro, onde puxo en valor o apoio da Xunta ao sector da automoción de Galicia co obxectivo de reforzar a súa competitividade e internacionalización.

Neste senso, Nicolás Vázquez, reiterou o compromiso do Goberno galego con este sector estratéxico, que se pon de manifesto cunha nova liña de apoio extraordinario para o 2024 activada esta mesma semana polo Consello da Xunta para apoiar á industria na súa transición á mobilidade sostible e favorecer o mantemento do emprego.

Ademais, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, aludiu ao Plan director da automoción no que a Administración galega está a traballar e que recolle medidas, mecanismos e os medios necesarios para reforzar o sector e fomentar a súa sostibilidade, impulsar a innovación industrial e captar novos investimentos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2024