A Xunta incide na importancia da seguridade e saúde laboral no sector industrial

Vigo, 4 de xullo de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da xornada técnica da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), sobre seguridade e saúde laboral na industria.

Destacou que concienciar ás empresas galegas da necesidade de garantir a seguridade e saúde no traballo é prioritario para o Goberno galego. Nese senso, salientou que a Xunta conta con diferentes instrumentos, sempre consensuados cos diferentes axentes sociais. Entre eles, atópase a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. Este novo marco estratéxico, impulsado a finais de ano, persegue avanzar na consolidación da calidade do emprego, sentando as bases para crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables e incidindo de xeito decisivo na redución dos sinistros en sectores máis afectados como o naval.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2024