Belén do Campo agradece o labor do profesorado e dos equipos directivos das Escolas Católicas de Galicia tras rematar un novo curso escolar

A Coruña, 4 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse está maña, coa secretaria autonómica das Escolas Católicas, Juana Otero, continuando coa solicitude de entrevistas dentro do proceso de escoita activa cos diferentes sectores por parte da delegación territorial.

Esta entidade aglutina 112 centros concertados relixiosos de Galicia, dos cales 43 son da provincia da Coruña. Estes centros contan con máis de 60.000 alumnos e 5.300 traballadores.

No encontro a delegada agradeceu o labor e a implicación do profesorado e dos equipos directivos destes centros escolares para garantir o normal funcionamento do curso escolar que vén de rematar e trasladoulle o seu apoio para que a partir de setembro sigan traballando coa mesma responsabilidade e compromiso co sistema educativo galego de calidade. Pola súa banda, a secretaria autonómica trasladoulle as súas propostas para optimizar o funcionamento destes centros de cara ao futuro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2024