Rueda destaca os premios ‘Pontevedreses do Ano’ como mostra dunha Galicia orgullosa de si mesma

Pontevedra, 3 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe aos premios Pontevedreses do Ano como un exemplo dunha Galicia orgullosa de si mesma. Así, durante a entrega dos galardóns, puxo en valor o potencial que existe na comunidade, cunha cidadanía capaz de competir en todos os ámbitos profesionais e en todo o mundo.

Sobre os premiados, Rueda destacou a traxectoria da arquitecta Teresa Táboas -que recibiu o Premio de Honra- como pioneira en moitos ámbitos sendo, por exemplo, a primeira decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Tamén eloxiou o labor do doutor Javier Cabo, referente da medicina cardíaca pediátrica, así como o impacto que tiveron na cidade a aparición do CineClub Pontevedra e a Asociación Astronómica Sirio. Por último, salientou a Servizos Funerarios San Marcos como exemplo dos valores das empresas familiares e recoñeceu a excelente traxectoria de Pablo Dapena no tríatlon.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2024