A Xunta destaca as vantaxes da intelixencia artificial para impulsar a empregabilidade nos distintos sectores

A Coruña, 3 de xullo de 2024

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na presentación de The Key, escola de empregabilidade no ámbito das TIC do Grupo Nortempo. Alí salientou as vantaxes de apoiarse na intelixencia artificial para cubrir as demandas das empresas en relación coas necesidades de man de obra e atender as persoas que estean buscando activamente traballo. Nesta liña, salientou que a Xunta puxo en marcha a ferramenta software EMi nas 54 Oficinas de Emprego de Galicia para facilitar a conexión da oferta e demanda en tempo real mediante recomendacións baseadas na intelixencia artificial.

Ademais, Zeltia Lado puxo en valor o labor de perfilado competencial que realiza EMi, ferramenta pioneira en España e en Europa, que se reforzou cun programa aprobado hai uns días no Consello da Xunta. A través desta acción o Goberno galego busca avanzar na detección de competencias para facilitar aos orientadores laborais a toma de decisións de cara a aumentar a empregabilidade das galegas e galegos coa previsión de que se poidan beneficiar máis de 70.000 persoas do perilado competencial ata setembro de 2025.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2024