Martina Aneiros preside unha nova Comisión de Coordinación na delegación territorial

Ferrol, 3 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha nova sesión da Comisión Territorial de Coordinación que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías.

Durante a sesión, que serviu para presentar aos novos directores territoriais das consellerías de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Medio Ambiente e Cambio Climático, Emprego, Comercio e Emigración, e Cultura, Lingua e Xuventude; Aneiros avaliou o estado de tramitación dalgunhas das actuacións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2024