A Xunta inviste 45.000€ en obras de mellora na Escola Infantil A Marisma de Redondela

Redondela (Pontevedra), 2 de xullo de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a Escola Infantil A Marisma de Santa Mariña. Un centro no que se realizarán obras de mellora cun orzamento de 45.000 euros a cargo da Xunta de Galicia.

O director xeral, acompañado pola directora da Escola, Ana Belén Villar, e o responsable da cociña, Francisco Cividanes, destacou a aposta do Goberno galego pola etapa de 0 a 3 anos. O curso que vén será o terceiro no que a Xunta financiará a atención de balde en todas as escolas infantís de Galicia, independentemente da súa titularidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/07/2024