Belén do Campo supervisa con José Manuel López a zona na que se levará a cabo a mellora dos elementos de protección do paseo marítimo de Caión

A delegada destacou que esta é a segunda fase dunha primeira actuación xa realizada que conta cunha axuda da Axencia Turismo de Galicia de máis de 80.000 euros

A Laracha (A Coruña), 2 de xullo de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou esta mañá Caión acompañada polo alcalde da Laracha, José Manuel López, para supervisar a zona na que se levará a cabo a mellora dos elementos de protección do paseo marítimo da senda do Saladoiro que contarán cunha axuda de Turismo de Galicia a través da orde de Embelecemento do Litoral de máis de 80.000 euros correspondente ao ano 2024. As obras comezarán a mediados de setembro para non interferir na tempada de verán, neste momento estanse a analizar as dúas ofertas presentadas para proceder a adxudicación da mesma.

A actuación vai dirixida embelecer e mellorar os elementos de protección do paseo marítimo de Caión. Esta segunda fase será de similares características e dará continuidade á primeira intervención desenvolvida nos primeiros meses deste ano. A actuación consiste na substitución dun tramo da varanda co dobre obxectivo de reforzar a seguridade e mellorar a estética da senda peonil para revitalizala como destino turístico. Nesta segunda fase intervirase dun modo idéntico noutro tramo de varanda de 180 metros de lonxitude en dirección á entrada principal á praia das Salseiras.

Proponse unha varanda de madeira de castiñeiro (Castanea sativa). Trátase dunha madeira autóctona, cun bo comportamento á intemperie e esteticamente axeitada, xa que o seu envellecemento tamén é bo. Para as unións utilizaranse ferraxes de aceiro inoxidable de alta resistencia á corrosión. O deseño da varanda busca reducir ao máximo as posibilidades de acumulación de auga sobre as pezas de madeira co fin de favorecer a durabilidade dos elementos nun medio tan agresivo. Por outra banda, tívose en conta a necesidade de futuras reparacións de xeito que o deseño permite a substitución de pezas de xeito puntual sen ter que desmontar todo o conxunto e que dita reparación poderá ser realizada por man de obra non especializada.

Por outra banda, tívose en conta a necesidade de futuras reparacións de xeito que o deseño permite a substitución de pezas de xeito puntual sen ter que desmontar todo o conxunto e que dita reparación poderá ser realizada por man de obra non especializada.

Resolución convocatoria 2024

Belén do Campo lembrou que na segunda convocatoria desta orde de axudas en 2024 dirixida aos concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron beneficiarios, este ano, un total de 11 proxectos en 8 concellos do litoral desta área que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Este proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 640.000 euros

Esta liña de axudas é unha das actuacións incluidas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Os destinatarios eran os concellos situados no litoral galego. Concedéronse en réxime de concorrencia non competitiva e, entre outras, subvencionáronse accións que afondasen na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/07/2024