Máis de 600 nenos e nenas gozan do Espazo Concilia de Poio grazas ao financiamento da Xunta

A consellería de Política Social e Igualdade inviste 64.000 euros nesta iniciativa

As actividades desenvolveranse nos colexios Isidora Riestra (San Xoán); Viñas (San Salvador) e Espedregada (Raxó)

Poio (Pontevedra), 1 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Espazo Concilia do Concello de Poio, unha iniciativa financiada pola consellería de Política Social que permite que 620 nenos e nenas gocen de actividades de lecer ao ar libre durante os meses de verán de forma totalmente gratuíta. 

Neste sentido, as actividades desenvolveranse nos colexios Isidora Riestra (San Xoán), Viñas (San Salvador) e Espedregada (Raxó), dende hoxe e ata o 6 de setembro, e os cativos poderán participar no programa un mínimo de dúas semanas e un máximo dun mes. 

Así, o concello de Poio recibiu unha achega de máis de 64.000 euros a través das subvencións a entidades locais para promoción da igualdade, en concreto da liña do Plan Corresponsables no Ámbito Local.

O delegado territorial aproveitou a visita para destacar a importancia destas iniciativas que “supoñen un alivio para moitas familias que durante as vacacións escolares teñen dificultades para coordinar os seus horarios laborais cos dos máis pequenos”. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2024