As obras da senda entre a Estación Intermodal de Santiago e San Caetano farán necesario o corte diúrno do tráfico na contorna da rúa Fontes do Sar este xoves e venres

Co obxectivo de continuar avanzando na execución da obra no treito do novo itinerario, que parte da rúa Clara Campoamor e finalizará no complexo administrativo da Xunta, procederase ao corte de distintos tramos desta rúa, entre as 8:30 e as 18:30 horas

Na xornada do xoves, día 4, o corte diúrno realizarase na rúa Fontes do Sar, desde a rúa Londres ata a rúa Costa do Vieiro en ambos os dous sentidos simultaneamente; permanecendo aberta á circulación a rotonda e o paso baixo a SC-20

Durante o venres día 5 o corte do tráfico na rúa Fontes do Sar comprenderá o tramo desde a rúa Londres ata as rúas Bañas do Sar e Casas Hedra, ambas as dúas incluídas, e en ambos sentidos; incluíndo tamén a rotonda e o paso baixo a SC-20

Esta actuación forma parte do novo itinerario que conectará O Milladoiro, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a intermodal e o complexo administrativo de San Caetano a través de 13 km que suporán un investimento global de case 12 M€

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024

Os traballos en execución do treito da nova senda entre a estación intermodal de Santiago e o complexo administrativo de San Caetano, farán necesario un corte de tráfico na contorna da rúa Fontes do Sar, no concello de Santiago, durante este vindeiro xoves e venres, entre as 8:30 horas e as 18:30 horas.

Este peche de circulación forma parte dos traballos en execución, no treito do novo itinerario, que parte da rúa Clara Campoamor e finalizará no complexo administrativo da Xunta, cun investimento de preto de 2,4 M€.

Co obxectivo de seguir avanzando nos traballos na zona da rotonda de Fontiñas e da rúa Fontes do Sar, tras a coordinación co Concello de Santiago, o xoves, día 4, o corte diúrno realizarase na rúa Fontes do Sar, desde a rúa Londres ata a rúa Costa do Vieiro en ambos os dous sentidos simultaneamente. Permanecerá aberta á circulación a rotonda e o paso baixo a SC-20.

Para continuar as obras, durante a xornada do venres día 5, a afección ao tráfico na rúa Fontes do Sar comprenderá o tramo desde a rúa Londres ata as rúas Bañas do Sar e Casas Hedra, ambas as dúas incluídas, e en ambos sentidos. Neste caso, cortarase todo o tramo, incluíndo a rotonda e o paso baixo a SC-20.

Así, segundo a programación inicial dos traballos, estes dous días acometerase o aglomerado das rúas nas que se está intervindo, e nas que se está habilitando o espazo para o carril bici, o que implicou a necesidade de modificar a configuración existente. Ademais, tamén se aproveitou para mellorar a drenaxe da rotonda de Sar, en coordinación co concello de Santiago, e así mellorar o comportamento en episodios de fortes choivas.

Cómpre lembrar que esta actuación entre a estación intermodal de Santiago e o complexo administrativo de San Caetano forma parte da creación do novo itinerario que conectará O Milladoiro, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a intermodal e o complexo administrativo de San Caetano: case 13 km que suporán un investimento de case 12 M€.

A intervención enmárcase nos proxectos impulsados polo Goberno galego ao abeiro dos fondos Next Generation, co fin de fomentar a mobilidade sostible nas cidades galegas.

Data de actualización: 01/07/2024