Belén do Campo reúnese con Xavier Castro e destaca o investimento de case 2 M€ realizado o ano pasado pola Xunta neste concello

A delegada e o rexedor repasaron as actuacións e liñas de axudas previstas no marco de colaboración da Xunta con este municipio

Dodro (A Coruña), 1 de xullo de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá,  co alcalde de Dodro, Xavier Castro. No encontro repasaron os proxectos e axudas da Xunta neste municipio.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. Do mesmo xeito, Belén do Campo e Xavier Castro analizaron as necesidades do concello.

No encontro tamén repasaron o resultado de distintas actuacións e liñas de axudas enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos concellos. Neste senso, confirmou as partidas que recibirá este ano este Concello por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Concretamente, 50.000 euros, compartidos co Concello de Padrón para pavimentación do camino da Feira dos Porcos á Edar da orde de Infraestruturas, outros máis de 6.100 euros para a sustitución de luminarias na  estrada IMO 6.100 do Fondo de Compensación no competitiva e anunciou que nuns días se resolverán as axudas do Fondo de Compensación Adicional nas que podería recibir 60.000 euros para a mellora enerxética da cuberta do polideportivo.

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no 2023, a Xunta investiu case 2 millóns  euros de euros neste concello a través das distintas liñas de axudas en actuacións como a rehabilitación integral do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón no que se investiron 1,4 millóns de euros.  A actuación supuxo a renovación integral de todo o edificio, mellorando a súa eficiencia enerxética e a comodidade para a comunidade educativa. O proxecto incluíu a renovación de toda a envolvente do centro, incluíndo fachadas, cubertas e carpintería; tamén se levou cabo a execución dunha pérgola na zona de acceso, e a substitución da existente entre os edificios de primaria e secundaria. No interior do inmoble, reformáronse os aseos de primaria e renovouse a biblioteca, con espazos máis luminosos e ventilados e renovación do chan. A intervención completouse co pintado do colexio e substitución de falsos teitos.

A delegada tamén destacou que a Xunta licitou, a principios de xuño, as obras para restaurar o retablo de San Xosé da igrexa de San Xián de Laíño por un importe de 35.000 euros para recuperar o retablo de San Xosé completando así a restauración dos tres retablos desta igrexa parroquial despois de que o verán pasado se actuase no retablo maior e, hai catro anos, no lateral.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2024