Belén do Campo supervisa as obras dos novos camiños na zona de concentración parcelaria de Fisteus nos que se investiron máis de 600.000€

A delegada da Xunta destacou que é a concentración parcelaria máis grande da historia de Galicia e contou cun investimentos de máis de 4,5 millóns de euros desta concentración, 3,6 millóns destináronse a infraestruturas e o resto a asistencias técnicas

A primeira fase de camiños principais rematou en 2021 cun investimento de 2,2 M€, no 2022 realizáronse camiños secundarios por un importe de 872.000 euros e agora estanse a executar actuacións de asfaltado en 10 camiños da rede principal e secundaria

Curtis (A Coruña), 1 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, supervisou esta mañá, as obras de asfaltado en dez camiños da rede principal e secundaria da reestruturación parcelaria de Fisteus que contaron cun orzamento de 606.000 euros. Esta obra consistiron na pavimentación de 8 km mediante macadam e triplo rega asfáltica.

Esta actuación inclúese dentro dos investimentos de máis de 4,5 millóns de euros desta concentración dos cales 3,6 millóns destináronse a infraestruturas e o resto a asistencias técnicas.

A delegada da Xunta lembrou que a primeira fase de camiños principais rematou en 2021 cun investimento de 2,2 M€ e a apertura de 50 km e no 2022 realizáronse tamén camiños secundarios por un importe de 872.000 euros e a construción de 15 km que se entregaron por parte da delegada ao Concelo esta misma mañá, e rematáronse as actuacións de asfaltado en 8 km que afectan a 10 camiños da rede principal e secundaria para finalizar as inversións de infraestruturas previstas para esta parcelaria.

A delegada da Xunta lembrou que esta parcelaria realizouse sobre unha superficie de 3.503 hectáreas, distribuida en 9.984 parcelas achegadas ao proceso por un total de 1.075 propietarios. Deste xeito, esta zona pasa dunha media de 9,29 parcelas por propietario a unha de 1,72 predios de substitución por propietario.

Belén do Campo lembrou que “este proceso de reordenación foi o primeiro que se acometeu neste municipio coruñés”. Ademais, puxo en valor “a gran cantidade de hectáreas e de parcelas achegadas que converteron a zona de Fisteus na de maior superficie de todas as levadas a cabo actualmente pola Consellería do Medio Rural en Galicia”. Neste senso, Belén do Campo destacou “a aposta da Xunta polas parcelarias, que definiu como “unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo”.

Mobilización de terras en Galicia

A delegada lembrou que a Xunta segue traballando para poñer en valor o territorio e, a través dos diferentes mecanismos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as reestruturacións parcelarias, mobilizáronse en total xa 35.000 hectáreas en toda a comunidade no últimos catro anos.

Así, desde 2020 a Xunta finalizou un total de 32 concentracións parcelarias e decretou outras 29. As finalizadas abarcaron unha superficie total de máis de 21.753 hectáreas, beneficiando algo máis de 17.318 propietarios que recibiron case 36.690 títulos de propiedade.

O Goberno galego mantén o seu compromiso coas reestruturacións parcelarias, e este ano destina 24 millóns de euros para seguir avanzando nestes procesos, que son fundamentais para organizar o territorio e poñelo en valor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/07/2024