O presidente da Xunta recibiu aos máis de 200 peregrinos de AVOI na Praza do Obradoiro

Rueda anima a conmemorar o Día do donante de médula e sangue nas escolas

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe a celebración do Día escolar do donante de médula e sangue, tras recibir na Praza do Obradoiro aos máis de 200 peregrinos da Asociación de Voluntarios de Oncología Infantil (AVOI), de Málaga.

Así, acompañado do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asegurou que se trataría dunha iniciativa “moi bonita para facer entre Andalucía e Galicia”, ao mesmo tempo que agradeceu a “forza e ilusión” dos nenos e nenas, familiares, voluntarios e especialistas da entidade que chegaron hoxe a Santiago.

“O Camiño é superación, é empezar e pensar que non vas ser capaz de facelo e, ao final, o consegues”, asegurou, dando as grazas tamén a AVOI pola labor levada a cabo durante máis de tres décadas no Hospital Materno-Infantil de Málaga.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/06/2024