Fabiola García asiste á II cea solidaria organizada por Obra Social Pediatría en Ames

Ames (A Coruña), 28 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta tarde á II cea solidaria organizada por Obra Social Pediatría no pazo da Peregrina en Ames. O Goberno galego agradece o apoio do tecido social a aqueles nenos hospitalizados ou con diagnósticos graves e as súas familias.

 

A entidade Obra Social Pediatría favorece a dotación de recursos e a investigación de máximo nivel para o tratamento e a mellora da calidade de vida destes nenos. Por iso, a Xunta agradece a súa implicación nunha maior innovación e coñecemento en tratamentos e terapias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/06/2024