A Xunta destaca o labor da Rede galega de acollemento de vítimas de violencia de xénero e explotación sexual

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitou un centro pioneiro para mulleres con enfermidades mentais

A Mariña (Lugo), 28 de xuño de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitou unha casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e de explotación sexual que padecen enfermidades mentais. A especialización neste tipo de patoloxías fai que este centro sexa pioneiro a nivel de toda España.

 

A rede galega de acollemento conta con sete casas financiadas polo Goberno galego en diferentes puntos de Galicia. O director xeral destacou e recoñeceu o labor que desenvolven estes centros para ofrecer protección e autonomía ás mulleres que acollen, e axudalas na busca de alternativas.

 

Data de actualización: 28/06/2024