A Consellería do Medio Rural salienta a Denominación de Orixe Valdeorras nos premios da XXV Cata de viños

Vilamartín de Valdeorras (Ourense), 29 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe á Gala de Entrega de Premios da XXV Cata dos Viños de Valdeorras no Complexo Hostaleiro Paladium, onde entregou un dos recoñecementos.

Na gala resaltáronse as características da tradición vitícola da comarca e a responsabilidade dos viticultores á hora de garantir orixe e calidade incorporando modernización no proceso de produción. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras outorgou unha distinción aos mellores brancos e tintos despois dunha cata oficial que se realizou previamente. O máis emblemático é o branco de Godello e entre os tintos, destacan os elaborados con Mencía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/06/2024