A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a casa de acollida desta entidade no Grove

A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste centro de acollida de oito a dez

O Grove (Pontevedra), 29 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a casa de acollida de ACCEM no Grove, destinada á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade. O Goberno galego destinou este ano preto de 520.000 euros a esta entidade a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, o que permitiu que incrementasen as prazas deste centro de oito a dez.

Fabiola García agradeceu a ACCEM o seu importante labor atendendo, asesorando e procurando un futuro mellor para todas estas mulleres. Estes centros ofrecen un aloxamento temporal a mulleres en risco de exclusión ou que foran vítimas de violencia de xénero, así como atención psicolóxica, xurídica ou laboral. No pasado ano 2023, atenderon a preto de 130 unidades familiares mediante o servizo de atención extrema de acollida.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/06/2024