A delegada da Xunta en Vigo aposta por consolidar o KiteFest de Cesantes como proba de referencia internacional do deporte náutico

Ana Ortiz participou este venres na presentación da proba que se celebrará do 5 ao 7 de xullo na praia redondelana de Cesantes

Redondela (Pontevedra), 28 de xuño de 2022

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na presentación da sétima edición do KiteFest de Cesantes que terá lugar entre os vindeiros 5 e 7 de xullo. A representante autonómica destacou que estas tres xornadas lúdicas e didácticas orientadas ao kitesurf xa están “consolidadas en tempo récord como un atractivo do verán” en Redondela.

Ana Ortiz destacou que o KiteFest Cesantes xa está consolidado como un dos eventos de referencia do deporte en España e converteuse no máis multitudinario da zona norte da península, polo que o obxectivo da organización será seguir crecendo como evento e situar á ría de Vigo como “referente internacional” deste deporte.

Igualmente, explicou que ademais de ofrecer unhas “imaxes inigualables”, o evento tamén fomenta “unha fin de semana de convivencia e entretenemento” tanto para practicantes como para os espectadores. “Este é un valor engadido que debemos apoiar polo que supón para difundir os valores do deporte, ademais das actividades destinadas exclusivamente aos participantes”, sinalou.

Nesta nova edición do evento, o KiteFest volverá ser puntuable para o circuíto galego da Real Federación Galega de Vela, contando coas modalidades de twintip, surf kite, foil e wingfoil.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/06/2024