A Xunta traslada as medidas impulsadas na mellora da coordinación sociosanitaria aos profesionais de Raiola Oleiros

Oleiros (A Coruña), 28 de xuño de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia Raiola Oleiros que acaba de abrir as súas portas. Durante a visita, trasladoulle aos seus profesionais as medidas impulsadas pola Xunta para mellorar a coordinación sociosanitaria e a atención aos usuarios.

O director xeral destacou o reforzo do Goberno galego aos coidados das persoas maiores, coa consolidación de servizos e programas que levan tempo funcionando e a posta en marcha doutros novos, como o Bono Coidado no Fogar ou o complemento ao Bono Residencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/06/2024