López Campos destaca as festas de San Paio como un punto de encontro e reunión para a vila

A Estrada (Pontevedra), 27 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe na Estrada á procesión do Santísimo, unha das actividades enmarcadas nas festas de San Paio, ás que destacou como un punto de encontro e reunión para toda a veciñanza. 

“Os galegos temos a sorte de contar cun amplo abano de propostas festivas nas que divulgar e poñer en valor a nosa cultura e que forman parte da gran oferta de Galicia durante o verán”, salientou o responsable autonómico de Cultura antes de lembrar que o Goberno galego vén de poñer en marcha unha nova edición de CulturON, a campaña da Xunta que enche os meses de estío de cultura con máis de 30 actividades diarias. 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/06/2024