Martínez Allegue reivindica ante Ageinco o compromiso da Xunta para traballar da man do sector nos retos compartidos

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantivo un encontro en Vigo cos representantes da Asociación Clúster de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia

Vigo, 27 de xuño de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou este xoves nun encontro promovido por Ageinco (Asociación Clúster de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia) celebrado en Vigo. Ademais do presidente deste colectivo, Daniel Prieto, participaron tamén na reunión representantes da directiva, como a vicepresidenta, Gema Panadero, a secretaria xeral, Marta Gallego ou os vocais Javier Sopelana e Vicente Alcón.

A conselleira agradeceu na súa intervención a invitación do colectivo e detallou neste cordial encontro os obxectivos e retos da Xunta en materia de Vivenda e infraestruturas, nos que quixo implicar aos profesionais deste sector: “Conto convosco, iremos da man para conseguir acadalos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2024