A Xunta aborda no Consello de Cooperación Bibliotecaria accións a prol do libro e da lectura

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presidiu hoxe na Cidade da Cultura a reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria na que participaron representantes das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como das bibliotecas escolares e da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia.

Entre as cuestións analizadas, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude afondou cos membros das entidades sobre as actividades de apoio a prol do libro e a lectura impulsadas desde a rede das bibliotecas públicas. Ademais, tamén deu conta de outras iniciativas como o servizo de As Furgotecas, que leva xa un ano en funcionamento, ou a posta en marcha da terceira edición de Nortear, o programa de cooperación cultural  de Galicia co norte de Portugal, que ten como novidade a participación activa das bibliotecas públicas, cun programa de intercambio do persoal técnico entre ambas rexións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2024