José González asiste á tradicional xornada de confraternización da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense

Ourense, 26 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe ao tradicional evento de confraternización da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO). Alí, puxo de relevo o case medio século de traxectoria desta entidade, que representa un dos sectores con máis relevancia -dixo- do tecido produtivo galego.

No acto, o conselleiro sinalou a aposta de ACO pola formación, impulsando co apoio da Xunta a preparación e cualificación dos profesionais da construción e a captación de novos talentos para dar resposta ás vacantes existentes. Nesa liña, destacou o compromiso do Goberno autonómico coa flexibilidade e coas formacións de curta duración para adaptarse ás necesidades das empresas proporcionándolles os perfís que máis demandan.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024