A Xunta coñece as instalacións da fundación Ofirvida no concello da Lama

A Lama (Pontevedra), 26 de xuño de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do alcalde da Lama, David Carrera, visitou esta mañá as instalacións da Fundación Ofirvida. Durante a visita puideron coñecer os proxectos desta nova entidade inscrita no rexistro de fundacións de interese galego o pasado ano 2023.

O ámbito de actuación desta entidade será a atención a maiores e a persoas con discapacidade, ao tempo que a protección e a defensa do medio natural. O director xeral lembrou o importante papel que desempeñan as entidades sociais galegas para atender e ofrecer servizos de calidade. Neste sentido, deulles a coñecer todas as liñas de colaboración que o Goberno galego mantén coas entidades do terceiro sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024