Román Rodríguez recibe ao presidente executivo do foro internacional sobre innovación Ecosystems2030

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión con Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems 2030, un dos foros de maior prestixio no campo da innovación, que celebrará este venres na Coruña un congreso con preto de 50 relatoras de todo o mundo baixo o título Mulleres en liderado.

Durante a recepción, o titular de Educación e Ciencia da Xunta puxo de relevo a importancia de apostar pola innovación e o desenvolvemento da intelixencia artificial en Galicia, unha tecnoloxía que será obxecto de análise no foro. Así mesmo, agradeceu a oportunidade que supón esta cita para reflexionar sobre a súa repercusión na seguridade, sobre as redes sociais ou a transformación de diversos sectores económicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024