Fabiola García recibe as familias de peregrinos que realizaron o Camiño de Santiago coa colaboración de Discamino

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu esta mañá as familias de peregrinos que realizaron durante os últimos días o Camiño de Santiago desde Madrid, grazas á promoción de Asomega e a colaboración de Una mirada en Marte e Discamino. Esta última entidade permitiu que os nenos e familiares, con distintas discapacidades, puideran realizar as etapas en triciclos tándem guiados por copilotos.

A conselleira agradeceu a estas entidades a súa iniciativa para favorecer unha actividade tan enriquecedora en familia e por dar visibilidade ás persoas con discapacidade. Neste sentido, tamén puxo en valor o papel de Discamino por favorecer que centos de persoas con discapacidade poidan realizar o Camiño cada ano e conten coas ferramentas e o apoio necesario para elo. Lembrou que, coa colaboración de todos, estamos a avanzar cara un mundo máis accesible e igualitario para todos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024